Biblioteca escolar
A nosa biblioteca escolar é un espazo educativo integral, lugar de encontro e de creatividade, espazo de convivencia e de aprendizaxe. Está formada por un equipo docente creativo e comprometido e unha rapazada con ganas de aprender e compartir. Fomentando o desenvolvemento persoal, social e
cultural de todo o alumnado e da comunidade educativa no seu conxunto, incidindo nun enfoque inclusivo e nas potencialidades da biblioteca escolar como factor de compensación social e de
equidade, promovendo a participación activa dos estudantes e a presenza das familias participando en proxectos como as Bibliotecas Inclusivas.
Dende a biblioteca escolar ofértanse diversas actividades ao longo do curso nas que o alumndo voluntario de 6º EP é o principal eixe das desenvolvemento das mesmas.
Ao longo do curso 2023-2024 comezamos o proxecto do Club de lectura co alumnado de ESO. Foi un proxecto ambicioso para o
nosa mascota Rillabán pero para ser o primeiro ano no mundo dos clubes de lectura, deseñamos un plan para o club con actividades como:
Obradoiro de lecturas con acción como inventar diferentes finais, faxer carteis/ilustracións, exposicións..
Encontros con autores.
Dramatización de capítulos
Ambientación dos espazos
Conexión por videoconferencia con un dos protagonista do libro.
Apadriñamento lector
Participamos en proxectos como “Libros que van e veñen” en colaboración coas Bibliotecas Escolares de Galicia fomentando a lectura e a creatividade nos máis cativos.
Na nosa biblioteca nunca hai pausa, sempre hai vida nela, sempre hai un conto para cadaquén e sempre hai alguén para un conto, sexa no formato, tipos de textos literarios, lingua, SAAC… que sexa.