Oferta educativa

Coa finalidade de seguir avanzando no camiño da innovación pedagóxica e aplicar novas tecnoloxías e ferramentas adecuadas para atender as necesidades educativas do alumnado do século XXI, o noso centro está poñendo en práctica un proxecto educativo baseado no alumnado, na innovación e na educación emocional.
Educación

Infantil

A nosa proposta educativa para etapa de infantil é:

“Ofrecerlles un entorno onde se sintan seguros, queridos e valorados. Onde poidan manifestar e aprender a regular as emocións. Onde adquiran unha autonomía tanto en momentos de xogo e de traballo. Onde se traballe dende a ilusión fomentando a cultura do esforzo. En definitiva, una escola que eduque integralmente e para a vida”

Proxectos

Mate+

Horta

Molalaletra

Reciclaxe/compostaxe

Pequechef

Xadrez

PDN

Educación emocional

Educación

Primaria

O alumnado, a través de todas as experiencias e autonomía que lle achegou a Educación Infantil, terá máis curiosidade e as gañas de aprender irán en aumento. Cando entramos na etapa de Educación Primaria, o alumnado está máis preparado para adentrarse na realidade que o rodea e o profesorado do Colexio Virxe Milagrosa é a compaña ideal para facer ese percorrido. Axudarémolo a descubrir multitude de posibilidades no seu crecemento e a enfrontarse a diferentes retos e proxectos, incrementando así a súa aprendizaxe e ampliando as súas amizades nun medio seguro.

Proxectos

Proxectos de aula

Horta

Recreos residuos 0

Voz natura

Mate +

Xadrez na aula

Arts & Crafts e plurilingüismo

Educación Musical

Educación Emocional

Plan Pastoral

Educación

Secundaria

Engloba dende os 12 aos 16 anos, ten como finalidade que os alumnos/as adquiran os elementos básicos da cultura, especialmente no ámbito humanístico, científico, artístico e tecnolóxico. Desenvolver e consolidar neles hábitos de estudo, esforzo e traballo; preparalos para os seus estudos posteriores e para a súa inserción laboral e formalos para o exercicio dos seus dereitos e obrigacións como cidadáns.

Proxectos

Edixgal

Recreos residuos 0

B Maker

Educación Musical

Educación

Especial

O noso Centro conta cunha Unidade de Educación Especial (E.E) que funciona dende o curso 2020/21 atendendo ao principio de equidade e inclusión educativa como principios de calidade da educación para todo o alumnado.

Aula

Audición e Linguaxe

O mestre especilalista de Audición e Linguaxe desenvolve actividades de estimulación e prevención dos problemas da fala na educación infantil mediante a atención o alumnado con necesidades educativas específicas permanentes ou transitorias da linguaxe oral ou da comunicación.