Innovación

Horta

O propósito da nosa horta escolar vai moito máis alá que plantar.

Supón traballo ao aire libre e contacto coa natureza. Fomenta o traballo en equipo e o sentido da responsabilidade. Coñecer os coidados que precisan as plantas e a orixe dos alimentos. Ademáis da conveniencia de levar unha dieta sá e hábitos de vida saudables.

Lévase a cabo en:

Educación Infantil

Educación Primaria

Molalaletra

Proxecto que  desenvolve as capacidades e habilidades necesarias para afrontar a adquisición da lectoescritura. Os contos, as cancións e as personaxes son o fío conductor.

Lévase a cabo en:

Educación Infantil

Reciclaxe/Compostaxe

Inculcamos, dende moi pequenos, aos nenos/as o respecto cara o medio ambiente, reducindo a cantidade de lixo e reutilizando os residuos que se xeneran a cotío.

A maneira de conseguilo é mediante a regra das catro erres: Reducir – Reutilizar – Reciclar- Recuperar.

O noso centro súmase ao movemento de loita contra o cambio climático a través da participación no Programa “Recreos Residuos Cero”. Trátase de que toda a comunidade educativa camiñe na mesma dirección para reducir os residuos plásticos que xeramos na vida en xeral e nos recreos escolares en particular.

Coidar o planeta é cousa de todos, porque “a suma de cada pequena acción axuda a conseguir grandes cambios”.

Lévase a cabo en:

Educación Infantil

Educación Primaria

Educación Secundaria

Pequechef

Ampliamos as ventás a través das cales o noso alumnado ve o mundo. Ao longo da súa infancia a alimentación  dos nosos pequenos/as  vai cambiando. Algúns alimentos poden seguir estando presentes nas súas dietas, outros van incorporándose pouco a pouco.

Non se trata soamente de coñecer a orixe dos alimentos o de crear hábitos de vida saudable, senón tamen o que percibimos a través dos sentidos e das emocións.

Lévase a cabo en:

Educación Infantil

PDN

PROGRAMA DE DESENVOLVEMENTO NEUROMOTOR

Trabállase co fin de estimular aos nenos/as cun programa de desenvolvemento motor diario que inclúe exercicios de tipo:

  • Vestibular: balanceo, rodado, piruetas, equilibrios.
  • Coordinación: escaleira de braquiación, saltos, lanzamentos.
  • Neurotróficos: arrastre, gateo, marcha, carreira, triscado.

Co P.D.N. os nenos/as, melloran as súas habilidades manuais , posturais, gañando forza nas pernas e sobre todo nos brazos e nas mans, o que lle axudará a adquirir a competencia manual para a escritura e aumenta o desenvolvemento das súas conexións neurolóxicas.

Lévase a cabo en:

Educación Infantil

Educación Primaria

Xadrez

na Aula

A finalidade é que os nenos e nenas se familiaricen co taboleiro, as pezas, os movementos… de forma lúdica e divertida a través de contos, cancións e xogos. Gracias a isto conseguimos potenciar a competencia matemática, mellorar a orientación espacial e a percepción visual, desenvolver a creatividade persoal, o pensamento alternativo, o razoamento lóxico- matemático e a importancia de respectar aos demais, así como o control emocional e a impulsividade

Lévase a cabo en:

Educación Infantil

Educación Primaria

Mate+

O obxectivo deste proxecto é proporcionar aos alumnos/as estratexias de razoamento que lles permitan construir de forma lóxica e sinxela o sistema numérico e comprender as relacións entre os números.

O xogo e a manipulación dos elementos son os principais instrumentos de aprendizaxe. Sempre relacionándoo con entornos habituais para o alumnado. Isto propiciará unha vinculación emocional con estes espacios que lle aportará seguridade durante o proceso de aprendizaxe.

Lévase a cabo en:

Educación Infantil

Educación Primaria

Educación Musical

Inspirada no método Willems

O que pretendemos educando aos nenos e nenas emocionalmente é proporcionarlle oportunidades e recursos para identificar e xestionar as súas emocións e as emocións dos que os rodean.

O alumnado que recibe esta educación pode diferenciar as emocións que sinte, pode controlalas e expresalas de forma axeitada para xestionar mellor as situacións que se dan no seu día a día.

É algo que comezamos na Educación Infantil pero que se continúa traballando no resto de etapas educativas.

Como é unha sesión de estimulación musical inspirada no método Willems:

  • Comezamos coa audición, pois é o inicio, o momento no que os rapaces están máis receptivos e atentos. Realízanse as actividades de maior concentración.
  • En segundo lugar trabállase co ritmo que implica unha maior actividade, a través do movemento corporal. Desenvolvendo así a atención e concentración e a precisión nos seus movementos coordinados co ritmo que escoitan.
  • En terceiro lugar cantamos as cancións que son o centro da clase, en importancia e en tempo, por conter todo o anterior: melodía, ritmo e harmonía. As cancións están organizadas por obxectivos pedagóxicos.
  • Terminamos co movemento, pois require máis esforzo físico e menos concentración mental, sen perder a atención e a escoita musical. A través de movementos naturais dos nenos asociados á música, improvisada ou gravada, desenvolvemos o sentido do tempo, do carácter, ademais de acercar aos nenos/as á música dos grandes mestres.

Lévase a cabo en:

Educación Infantil

Educación Primaria

Educación Secundaria

Plurilingüismo e Plurinfantil

As sección bilingües do noso centro lévanse a cabo na área de plástica que é impartida en lingua inglesa.

Abarca toda a Educación Primaria sendo extensión do proxecto do Pluriinfantil que tamén levamos a cabo no noso centro.

O proxecto de Pluriinfantil ten como obxectivo ampliar o número de horas en contacto co inglés no 2º ciclo de Educación Infantil. Durante estas sesión lévanse a cabo actividades de contacontos e manualidades e actividades diversas relacionadas coas historias traballadas.

 

Lévase a cabo en:

Educación Infantil

Educación Primaria

Educación emocional

Educar nas emocións é a base para aprender a vivir con nós mesmos e cos demais. A docencia non se limita á ensinanza intelectual, senón que o obxectivo da educación é contribuír ao desenvolvemento global de cada persoa, necesítase conectar co mundo emocional para facilitar o proceso de aprendizaxe.

O noso centro, pretende desenvolver coñecementos e habilidades de maneira transversal, para que os alumnos sexan capaces de afrontar mellor os retos que lles presenta a vida cotiá e, así, aumentar o seu benestar.

Cremos que, dende a nosa perspectiva da educación integral do alumnado, unha adecuada xestión emocional é unha habilidade que os axudará a entenderse mellor a si mesmos e aos demais, a saber o que realmente é importante para eles, cales son as súas necesidades e cal é a mellor maneira de que estas estean ben cubertas.

Lévase a cabo en:

Educación Infantil

Educación Primaria

Educación Secundaria

Voz natura

Voz Natura é o Programa de educación medioambiental de La Voz de Galicia levado a cabo pola Fundación Santiago Rey Fernández- Latorre, cuxo obxectivo é concienciar e implicar á comunidade escolar de Galicia na recuperación e defensa da natureza.

Lévase a cabo en:

Educación Infantil

Educación Primaria

Educación Secundaria

E-Dixgal

Os alumnos/as de 5º e 6º Ed. Primaria e 1º ESO, 2º ESO e 3º ESO desenvolven a súa actividade educativa diaria nun entorno virtual de aprendizaxe (E- Dixgal) que lles vai permitir acceder a contidos das áreas nun formato dixital.

Os alumnos/as poden acceder aos contidos das diferentes áreas a través dunha conexión a internet (modo online) como dende o seu netbook (modo offline). Deste xeito, garántese que os alumnos e as alumnas que non dispoñan de conexión a Internet desde as súas casas poidan seguir o curso sen dificultade.

Lévase a cabo en:

Educación Primaria

Educación Secundaria

B- Maker

O noso Obxectivo é formar ao alumnado do Século XXI con propostas que esperten a curiosidade, desenvolvan a súa creatividade e un espírito innovador, co fin de preparar ás próximas xeracións para un futuro que será en clave tecnolóxico.

B- maker é unha solución Integral para aprender robótica e programación na aula, empregando o aprendizaxe cooperativo basado en proxectos, partindo dun reto. O alumnado traballa resolvendo diferentes problemas ata chegar a súa propia solución.

Lévase a cabo en:

Educación Secundaria