Quen Somos

O NOSO CARISMA.

A Compañía das Fillas de Caridade somos unha Comunidade internacional fundada por Vicente de Paúl e Luisa de Marillac. Fomos chamadas a servir a Jesucristo na persoa dos pobres e  marxinados en espírito de humildade, sinxeleza e caridade. Motivadas polo amor de Cristo e fortalecidas por unha profunda vida de oración, vivimos en comunidade, apoiándonos na nosa misión común de servizo.

Ademais facemos un voto especial de servizo dos pobres. Estes votos son 'non-relixiosos', anuais e sempre  renovables. A Igrexa recoñécenos como Sociedade de Vida Apostólica.

ESPIRITUALIDADE

As Fillas da Caridade sentímonos chamadas. A nosa regra é Cristo. EL veu ao noso encontro:
  • Jesucristo que pasou a súa vida facendo o ben.
  • Cultivamos unha relación persoal con Él: no silencio, na oración e o servizo que ofrecemos a os  nosos irmáns.
  • Él é a fonte de onde procede o noso amor, o lume que estimula a nosa  acción e nos aprema cara aos máis pobres, a forza que dinamiza os  nosos proxectos, o tesouro que dá sentido á nosa vida vida.
  • As Fillas da Caridade vivimos en sinxeleza, en comunidade, compartindo o que somos e o que temos, celebrando a vida e a fe. Estamos agradecidas de poder dar a nosa vida a Deus servindo aos demais e somos felices ao suscitar a experiencia de Deus na nosa vida.
  • Convencidas pola fe de que Xustiza e Paz se bican, as Fillas da  Caridade constrúen, pedra a pedra, por todo o mundo, unha sociedade  máis xusta, un mundo novo onde non haberá xa nin morte, nin fame,  nin bágoas, nin dor... por todo o mundo.

 

FUNDADORES

VICENTE DE PAÚL

Vicente de Paúl naceu o 24 de abril de 1581 nunha familia campesiña  de Pouy, no Sur-Oeste de Francia. Estudou teoloxía na Universidade de Toulouse, ordenándose sacerdote aos 19 anos e completou os seus estudios durante un ano en Roma, antes de ir a París a finais de 1608. En París, Vicente, baixo a influencia de Pierre de Berulle, sabio guía espiritual, comezou gradualmente a ver que axudar outros era máis importante que seguir as súas ambicións persoais. Durante uns anos Vicente traballou como párroco na parroquia en Clichy, preto de París. En 1613 foi titor dos fillos do xeneral das galeras francesas e en 1617 capelán dos escravos das galeras.

Pouco a pouco foise interesando polos campesiños das propiedades do  xeneral, dada a súa terrible condición de vida.   En 1625 xa influíra en varios mozos, algúns deles sacerdotes, para que se unisen a el formando un grupo relixioso que se chamaría Congregación da Misión coñecido como Lazaristas, Paúles, Vicencianos, Paulinos.  Vicente e os seus compañeiros e amigos traballaron coas persoas pobres do campo dos arredores de París,   ensinándoos a coñecer a Jesucristo e a Boa Nova do Evanxeo e axudándolles a obter comida e vestido.   "Vicente foi un grande obreiro en rede" e   colaborador. Formou diversas asociacións   de segrares podentes,  especialmente as  Damas da Caridade, en  primeiro lugar en  París e despois en   toda Francia.  Vicente convenceunas a que dedicasen algo do seu tempo e diñeiro a axudar aos pobres.

Empezou varios hospitais, incluíndo un en Marsella para os convictos sentenciados ás galeras.   Pediúselle varias veces que actuase como mediador nas guerras de relixión que asolaban Francia. Con Luisa de Marillac, unha colaboradora de gran talento e sensibilidade, empezou o primeiro grupo de mulleres de tipo relixioso dedicado completamente a obras de caridade fóra do claustro,  grupo que se chamou Fillas da Caridade.

Vicente foi máis un home de acción que de teoría. Foi un pragmático,  polo que a súa   espiritualidade era   sinxela,  práctica e  sincera. Miraba a Cristo como o seu líder e intentou traducir a mensaxe do Evanxeo a resultados concretos.  Ademais de ser un grande organizador, foi un home de fe profunda, home de oración e un grande místico.   A grande cantidade de servizos que puxo en marcha para os pobres eran algo máis que unha mera filantropía. Estaba enraizado no Evanxeo de Mateo 25 onde Jesús di:

“Canto fixestes a un destes irmáns meus máis pequenos, a min fixéstesmo”

Vicente morreu o 27 de setembro de 1660, e foi canonizado en 1737.

LUISA DE MARILLAC

Naceu en 1591, Luisa foi filla ilexítima e nunca soubo quen foi a   súa nai, pero foi recoñecida e coidada polo seu pai, membro da aristocracia francesa. Cando o seu pai casou, Luisa pasou un tempo difícil xa que foi enviada a estudar interna a un convento dominicano onde estaba a súa tía relixiosa.   Esta experiencia agudizou nela o seu carácter reflexivo, as súas grandes calidades intelectuais, así como o seu desexo de ser relixiosa. Cando o seu pai morreu e os recursos económicos eran limitados, viviu nunha pensión onde tivo a oportunidade de aprender moitas tarefas domésticas e de organización.

Luisa casou con Antonio Le Gras, secretario da Raíña  de Francia, pero a súa felicidade matrimonial foi efémera debido á  precaria saúde do seu esposo. Como dama nova, Luisa viaxou e relacionouse coa realeza e a aristocracia de Francia, pero sentíase igualmente cómoda cos pobres, calquera que fosen as súas desesperadas situacións.  Tivo un papel directivo nas Damas da Caridade, organización de mulleres ricas dedicadas a axudar os pobres.

O sufrimento non estivo nunca lonxe de Luisa. Durante os disturbios  civís, os seus dous tíos,  que desempeñaban altos  cargos no goberno,  foron encarcerados. Un foi executado publicamente e o outro morreu en prisión. En 1623, cando a enfermidade azoutaba a Antonio que morreu en 1625, a depresión estábase a apoderar de Luisa.  Durante a oración, Luisa tivo unha visión na que se viu servindo aos pobres e vivindo os votos relixiosos en comunidade. Luisa escribiu esta "luz" nun pergameo e levábaa consigo como un recordatorio de que, a pesar das súas dificultades, Deus guiaba a súa vida. Nesa visión aparecéuselle un sacerdote, a quen ela identificou despois como Vicente de Paúl, o seu futuro confidente e colaborador no servizo.

En 1629, Vicente de Paúl que en 1625 fundara a Congregación da  Misión (Paúles), invitou a Luisa a axudarlle coas Confrarías  da Caridade nas parroquias de Francia. Estas tarefas foron terapéuticas e formativas para o seu futuro traballo e o da familia Vicenciana. Luisa visitaba os lugares onde se prestaban servizo as Irmás e as voluntarias da Caridade para asegurarse da calidade do servizo que se ofrecía; revisaba as contas, facía informes e animaba ás traballadoras e voluntarias a ver a Cristo naqueles aos cales servían.

A través deste traballo, Luisa obtivo un coñecemento profundo das  necesidades dos pobres, desenvolveu as súas calidades innatas de dirección e buscou estruturas eficaces para o servizo. O 29 de novembro de 1633 empezou, na súa propia casa, a preparar as mozas para atender ás necesidades dos pobres e lograr o apoio de vivir xuntas. Deste principio humilde xurdiu a comunidade das Fillas da caridade. Luisa achegou liderado e dirección experta ao desenvolvemento da rede de servizos que ela e Vicente iniciaron.

Luisa, que morreu o 15 de marzo de 1660, só uns meses antes de Vicente de Paúl, foi proclamada Santa pola Igrexa en 1934. En 1960 o Papa Juan XXIII proclamouna Patroa de todos os Traballadores Sociais Como esposa, nai, mestra, enfermeira, traballadora social e fundadora, Luisa é un modelo para todas as mulleres. Hoxe vive nas 21.000 Fillas da Caridade que serven ao longo do mundo, así como nos seus moitos colaboradores.

CARÁCTER PROPIO

 
  http://www.hijascaridad.org/portal/c_educa/caracter_propio/index.html

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR