Coa finalidade de seguir avanzando no camiño da innovación pedagóxica e aplicar novas tecnoloxías e ferramentas adecuadas para atender as necesidades educativas do alumnado do século XXI, o noso centro está poñendo en práctica un proxecto educativo baseado no alumnado, na innovación e na educación emocional.
A finalidade desta etapa é o deselvolvemento INTEGRAL, físico, afectivo, social e intelectual dos nenos e nenas de 3 a 6 anos.
- Ensinanza individualizada.
A personalización da educación atendendo ás características persoais de cada alumno ou alumna en colaboración estreita coa familia.
- Ambiente de traballo e relacións positivas.
O xogo, a afectividade e as emocións como recurso forman parte da tarefa educativa.
- Profesorado especializado
O profesorado nesta etapa está en continua formación para poder responder ás necesidades individuais do alumnado e colabora de forma estreita co Departamento de Orientación incidindo na prevención, diagnóstico e intervención temperá.
- Titores
Os titores acompañan día a día as aprendizaxes e os progresos do noso alumnado e proporcinan asesoramento ás familias nas titorías individuais, nas que se comparte o desenvolvemento e seguimento dos nenos e nenas.
Estimulación Temperá – Programa de Desenvolvemento Neuromotriz
O noso centro traballa dende a etapa de infantil con Programas de Desenvolvemento Neuromotriz que favorecen unha boa e completa organización neurolóxica facilitando a madurez do neno a través do movemento. Con este método tratamos de aproveitar ao máximo as capacidades do neno e proporcionarlle ao cerebro os estímulos adecuados tanto de intensidade como de frecuencia e claridade para favorecer o seu desenvolvemento, tratando ademais de que o neno disfrute nese proceso.
A braquiación é un dos elementos centrais nos nosos circuítos de exercicios neuromotores. Os seus beneficios no desenvolvemento neuromotor e neuronal dos nenos de educación infantil son sorprendentes:
- Maior destreza ao escribir
- Mellora da converxencia ocular
- Desenvolvemento da lateralidade
- Mellora a osixenación do cerebro e exercita a expansión da caixa torácica.
Estimulación Musical
Baseada no principio de que a música é a linguaxe que se aprende seguindo o mesmo proceso que o da lingua materna, os nenos comezan aos 3 anos o proceso de aprendizaxe encamiñado á escoita e sensibilidade auditiva. Escoitar (audición), reproducir (entoación ) e recoñecer (memoria auditiva).
Experiencias en Inglés – Jolly Phonics
No noso colexio apostamos pola educación integral do alumnado sendo un dos seus piares fundamentais a aprendizaxe dunha segunda lingua.
Para acadar tal fin, ofrecemos unha INMERSIÓN LINGÜÍSTICA a través do proxecto de pluriinfantil, a integración dun profesor nativo na aula e a mestra especialista en lingua inglesa.
Nesta etapa a metodoloxía de ensinanza da lectura e escritura en inglés baséase en Jolly Phonics e enfatiza a aprendizaxe dos diferentes fonemas (sons) que forman a lingua inglesa.
Xadrez na Aula
O xadrez na aula é unha proposta didáctico-pedagóxica baseada na aprendizaxe da comprensión e a teoría das Intelixencias múltiples. Permítenos traballar habilidades mentais como calcular, analizar, visualizar, tomar decisións, aceptar normas e quendas de xogo…dunha maneira lúdica e a través de múltiples actividades.
Recursos tecnolóxicos
Nas aulas de Infantil contamos cunha pizarra dixital para apoiar a aprendizaxe, é un recurso máis para aprender.
Os nenos poden interactuar a través de xogos e ferramentas dixitais que ofrecen apoio aos contidos dos proxectos.