Dende o Ano 2013 o noso Colexio pasou a formar parte da Fundación Educere aínda que sigamos educando dende o carisma Vicenciano.
A misión da Fundación consiste en garantizar a continuidade, sostenibiliadade e crecemento da educaión católica asumindo a titularidade de centros de ensinanza, reforzando a significatividade do seu proxecto inspirado no Evanxeo e da súa oferta educativa na nosa sociedade, ao servizo das Congregacións Relixiosas e outras institucións católicas.
Hoxe, tanto as Fillas da Caridade, quenes seguen tendo unha pequena comunidade no centro aínda que non ostente na dirección do mesmo, así como o Equipo Docente xunto coa Fundación Educere, continuamos traballando con ilusión e amor para manter viva unha labor que se fixo realidade con moito esforzo.
Outros Centros pertencentes á Fundación Educere: San Vicente de Paúl de Gijón, Virgen de la Peña de Bembibre, Virgen de la Vega de Benavente, La Milagrosa de Gijón, Virgen Blanca en León, Sagrada Familia de Miranda de Ebro, Santo Ángel de Palencia, Padres Somascos de A Guarda, San Vicente de Paúl de Laredo, Menéndez Pelayo de Castro Urdiales (Cantabria), Cristo Rey de San Vicente de la Barquera en Cantabria, Ángeles Custodios de Santander e San José de Santander.
O noso Centro Educativo Vicenciano, de acordo co CARACTER PROPIO, ten como obxectivo fundamental a FORMACIÓN INTEGRAL do alumnado.
As persoas que queremos formar, son aquelas que saben descubrir as súas aptitudes e limitacións, aprenden a autogobernarse e a desenvolver todas as súas capacidades intelectuais, sociais e transcedentais, e valoran o saber como medio para realizarse na vida, decidir en liberdade e servir mellor aos demais.
O Centro conta cunha oferta educativa que abarca Educacion Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria así como un Departamento de Orientación eductiva e Pedagoxía de terapia, o Plan Abalar (5º e 6º de Ed. Primaria), auxiliares en Inglés, Plan Madruga, Escola Progama de Éxito, a plataforma Esemtia para a xestión da comunicaión coas familias e dende o ano 2014 pertencemos á Rede de Centros Plurilingües de Galicia.
Contamos con diferentes Aulas que son zonas de traballo que deben conseguir un ambiente que inflúa positivamente no labor didáctico que se desenvolve nelas.
Dispoñemos de zonas variadas para uso lúdico-recreativo e esparcimento
A Biblioteca é unha zona de lectura cun ambiente propicio para o uso e disfrute dos libros.