Qué é o Departamento de Orientación?
O departamento de Orientación é un servizo especializado que intervén na
etapa de Infantil, Primaria e Secundaria apoiando a labor do centro educativo
no seu principal obxectivo; levar a cabo una formación personalizada e
individualizada do alumnado.
As súas actuacións xiran en torno á atención temperá, a avaliación
psicopedagóxica e a orientación educativa e profesional. Os principais ámbitos
de actuación son a familia, o profesorado e o alumnado.
En permanente colaboración co profesorado e familias, a través de avaliacións
psicopedagóxicas, valóranse as posibles necesidades educativas que poidan
xurdir en calquera momento da etapa escolar co fin de diseñar e avaliar
programas específicos de intervención.
É de especial importancia a atención temperá na etapa de Educación Infantil
para previr posibles dificultades do desenvolvemento ou da aprendizaxe.
Estas actuacións permiten personalizar as medidas de atención á diversidade
de cara a unha ensinanza individualizada.
Prestamos especial atención a momentos escolares máis decisivos ou de
maior dificultade para o alumnado como o cambio de etapa, os momentos de
toma de decisións en canto a itinerarios, adolescencia, etc. A educación
emocional abórdase desde os inicios para afrontar esas etapas coas
ferramentas apropiadas.
A formación permanente é outro aspecto relevante no departamento, que en
colaboración co profesorado, trata de organizar e compartir o coñecemento que
se vai adquirindo por parte de todo o persoal de centro. Trátase de manter ao
claustro o máis actualizado posible en temas como neuropsicoloxía, innovación
educativa, investigación, tecnoloxía, etc.
Compoñentes:
Andrea Soage Malvido (Orientadora)
Seila Rodríguez Aires (Psicóloga)
Amalia Castro Ríos (Mestra Especialista de Pedagoxía Terapéutica e Audición
e Linguaxe)
Marta Sotelo Portela (Mestra Especialista de Pedagoxía Terapéutica)