ENTROIDO 2014

27 de febrero de 2014   //   por admin   //   SECRETARÍA VIRTUAL, Actualidade, Actualidade  //  Sen comentarios

O vindeiro VENRES 28 de FEBREIRO de 2014 celebraremos o ENTROIDO. Se o tempo o permite faremos un pasarrúas pola vila, que organizaremos do seguinte xeito:

SAÍDA DO COLEXIO —  10:40 hs

PERCORRIDO  —  Colexio – Pazos Fontenla – Eduardo Vicenti  – Montero Ríos – Rosalía de Castro –Colexio.

 

Despois, xa no cole, os alumnos e alumnas participaremos nunha degustación de doces típicos destas datas. A ANPA do Centro colabora en todas as actividades que realizamos este día.

LEMBRÁMOSVOS QUE:

** O horario deste día será o habitual 

** Os días 3, 4 e 5 de marzo (luns, martes e mércores) NON HABERÁ CLASE 

** O alumnado da ESO que acuda ao centro sen disfrazar, será atendido polo profesorado, que desenvolverá actividades didácticas con eles ata as 13.00hs. A partir desta hora poderán participar entroido

** EN CASO DE CHUVIA :  No caso de que a choiva impida a saída do pasarrúas, faremos un desfile no Centro.  Ás 11:30 hs abriranse as portas para que pasedes ao patio traseiro e vos acomodedes nas gradas, dende as que poderedes ver o desfile.  Ao rematar todos os alumnos e alumnas quedarán nas súas clases onde continuarán coa festa.

Deixe un comentario

SECRETARÍA VIRTUAL Categorias

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies