VER BEN PARA APRENDER MELLOR

11 de febrero de 2014   //   por admin   //   SECRETARÍA VIRTUAL, Actualidade, Actualidade  //  Sen comentarios

Estimados pais e nais de alumnos:

Comunicámoslles que este mércores, baixo o lema VER BEN PARA APRENDER MELLOR, terán lugar no noso centro unhas xornadas de información sobre a visión e a súa implicación no aprendizaxe de nenos e mozos.              

É unha campaña que se realiza dende a área de Optometría da Universidade de Santiago de Compostela. Con ela preténdese coñecer o estado da saúde visual do alumnado galego, así como axudar na prevención de problemas visuais mediante unha detección precoz.

O día mércores, 12 de febreiro ás 16.30hs terá lugar no salón de actos do colexio unha breve presentación dirixida a todos os pais e nais nas que se resolveran dúbidas sobre a  visión dos rapaces e a importancia que unha boa visión ten no seu rendemento escolar, así como claves para “alertar” dun posible problema.

1.                   ¿Se o meu fillo pasa moito tempo diante do ordenador e con videoxogos vai ter miopía?

2.                   ¿Pode un neno ou adolescente non queixarse pero ter un problema visual?

3.                   ¿O baixo interese do meu fillo polos estudos pode estar relacionado con algún problema da vista?

Estas e outras preguntas responderanse durante a presentación.

O obxectivo principal da campaña é realizarlle un breve exame visual a alumnado de idades comprendidas entre 8 e 16 anos, co que se pretende detectar posibles anomalías e informarlles delas aos pais.

Aqueles pais interesados en que se lle realice este control visual ao seu fillo, deberán asinar o consentimento informado que se remitirá ao alumnado, así como o cuestionario. Non se lle realizará o exame visual a aqueles alumnos e alumnas que non entreguen o consentimento asinado e o cuestionario (data límite: o mesmo día da revisión).

Para calquera consulta non dubiden en contactar co centro (986 32 01 43) ou cos organizadores (627741115).

Deixe un comentario

SECRETARÍA VIRTUAL Categorias

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies