Visita ao Xardín Botánico do Pazo de Montero Ríos

26 de noviembre de 2013   //   por admin   //   SECRETARÍA VIRTUAL, Actualidade, Actualidade  //  Sen comentarios

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO visitamos o Xardín Botánico do Pazo de Montero Ríos en Lourizán (Pontevedra). Na visita guiada ao mesmo puidemos coñecer un pouco máis sobre a figura de Montero Ríos, a historia deste Pazo, as árbores senlleiras de Galicia e sobre a investigación forestal.

Na visita puidemos ver un impresionante cedro do líbano de máis de 150 anos de idade, unha secuoia duns 70 anos (un bebé, xa que vivirá uns 2000 anos), unha das metasecuoias máis altas de Europa, unha cerdeira que na procura da luz semellaba unha lanza, unha araucaria duns 120 anos, fentos arbóreos, castiñeiros, camelios, magnolios, liquidambar,… e moitísimas especies vexetais máis.

No noso facebook podedes ver as fotos desta visita.

 

Deixe un comentario

SECRETARÍA VIRTUAL Categorias

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies