Folga no Ensino – 24 de outubro

22 de octubre de 2013   //   por admin   //   SECRETARÍA VIRTUAL, Actualidade, Actualidade  //  Sen comentarios

De cara á xornada de Folga no Ensino convocada por diferentes organizacións sindicais para o vindeiro 24 DE OUTUBRO, desexamos informarvos que o noso colexio permanecerá aberto como calquera outro día, no seu horario habitual, cumprindo a nosa obriga de prestar o servizo educativo.

Sería nosa vontade desenvolver as actividades lectivas e non lectivas con normalidade, pero no caso de que isto non fose posible polo exercicio do dereito á folga por parte do persoal do centro e polos servizos mínimos fixados pola administración galega, os alumnos e alumnas que acudan ao centro serán atendidos nas mellores condicións posibles.

A incidencia prevista da folga no noso centro, segundo información recibida dos traballadores, pode ser escasa entre o profesorado de Ed. Infantil e Primaria, e elevada entre o profesorado da ESO, o que poñemos no voso coñecemento aos efectos de que poidades decidir a asistencia ou non á clase do voso fillo/a.

Deixe un comentario

SECRETARÍA VIRTUAL Categorias

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies