Mostrando os artigos do "noviembre de 2013"

Día da Milagrosa

26 de noviembre de 2013   //   por admin   //   SECRETARÍA VIRTUAL, Actualidade, Actualidade  //  Non hai comentarios

O 27 de novembro celebramos o Día da Virxe Milagrosa patroa do noso centro. Este ano os alumnos e alumnas da ESO participaron nun concurso fotográfico e os de Ed. Primaria fixeron as súas propias medallas, cun molde de silicona elaborado pola nosa profesora de tecnoloxía.

Ademáis, visitamos á Virxe na nosa Capela, decoramos o centro coa súa imaxe, traballamos con diferentes materiais (videos, oracións,..),…

 

 

 

 

Visita ao Xardín Botánico do Pazo de Montero Ríos

26 de noviembre de 2013   //   por admin   //   SECRETARÍA VIRTUAL, Actualidade, Actualidade  //  Non hai comentarios

Os alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO visitamos o Xardín Botánico do Pazo de Montero Ríos en Lourizán (Pontevedra). Na visita guiada ao mesmo puidemos coñecer un pouco máis sobre a figura de Montero Ríos, a historia deste Pazo, as árbores senlleiras de Galicia e sobre a investigación forestal.

Na visita puidemos ver un impresionante cedro do líbano de máis de 150 anos de idade, unha secuoia duns 70 anos (un bebé, xa que vivirá uns 2000 anos), unha das metasecuoias máis altas de Europa, unha cerdeira que na procura da luz semellaba unha lanza, unha araucaria duns 120 anos, fentos arbóreos, castiñeiros, camelios, magnolios, liquidambar,… e moitísimas especies vexetais máis.

No noso facebook podedes ver as fotos desta visita.

 

Día Internacional contra a violencia contra as mulleres

25 de noviembre de 2013   //   por admin   //   SECRETARÍA VIRTUAL, Actualidade, Actualidade  //  Non hai comentarios

Hoxe conmemoramos o 25N, día internacional contra a violencia de xénero. Como xa é habitual neste día, participamos no acto conmemorativo celebrado no Concello de Bueu, no que se entregaron os premios do XI Certame de carteis contra a violencia de xénero.

Nesta edición, dos 48 traballos remitidos polo noso centro ao CIM, resultaron premiados os seguintes:

– Andrea Cerviño (4º ESO) — 1º Premio da ESO

– Raquel Avendaño (4º ESO) — Mención Especial

– Elena Enríquez (6º EP) — Mención Especial

Ademais premiáronse os traballos de 8 compañeiros/as dos centros escolares da Vila. E os alumnos e alumnas do IES Johan Carballeira puxeron en escea unha peza teatral titulada “Un mundo real”, elaborada por eles co gallo desta data.

Felicidades a tod@s!!

… e moitas grazas ao Concello de Bueu, en especial ao CIM

SECRETARÍA VIRTUAL Categorias

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies