Mostrando os artigos do "octubre de 2013"

Un día terrorífico….

30 de octubre de 2013   //   por admin   //   SECRETARÍA VIRTUAL, Actualidade, Actualidade  //  Non hai comentarios

Hoxe, 30 de outubro celebramos a festa do Samaín e do Halloween. Como xa é tradicional no cole, trouxemos moitísimas cabazas e decoramos con elas o porche da entradas e os corredores do colexio.

Despois do recreo faremos un concurso – desfile de disfraces, vai ser de medo…

No noso facebook podedes ver as fotos desta xornada de festa.

Folga no Ensino – 24 de outubro

22 de octubre de 2013   //   por admin   //   SECRETARÍA VIRTUAL, Actualidade, Actualidade  //  Non hai comentarios

De cara á xornada de Folga no Ensino convocada por diferentes organizacións sindicais para o vindeiro 24 DE OUTUBRO, desexamos informarvos que o noso colexio permanecerá aberto como calquera outro día, no seu horario habitual, cumprindo a nosa obriga de prestar o servizo educativo.

Sería nosa vontade desenvolver as actividades lectivas e non lectivas con normalidade, pero no caso de que isto non fose posible polo exercicio do dereito á folga por parte do persoal do centro e polos servizos mínimos fixados pola administración galega, os alumnos e alumnas que acudan ao centro serán atendidos nas mellores condicións posibles.

A incidencia prevista da folga no noso centro, segundo información recibida dos traballadores, pode ser escasa entre o profesorado de Ed. Infantil e Primaria, e elevada entre o profesorado da ESO, o que poñemos no voso coñecemento aos efectos de que poidades decidir a asistencia ou non á clase do voso fillo/a.

Campaña de recollida de tapóns

18 de octubre de 2013   //   por admin   //   SECRETARÍA VIRTUAL, Actualidade, Actualidade  //  Non hai comentarios

Este ano estamos colaborando coa parroquia na recollida de tapóns.

Colabora con nós nesta campaña de TAPÓNS SOLIDARIOS!!

Día do correo

11 de octubre de 2013   //   por admin   //   SECRETARÍA VIRTUAL, Actualidade, Actualidade  //  Non hai comentarios

O xoves 10 de novembro celebramos o Día do Correo. Elaboramos cartas, sobres e uns selos moi divertidos.

Logo pegámolas todas nos nosos buzóns.

SECRETARÍA VIRTUAL Categorias

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies