Mostrando os artigos en "SECRETARÍA VIRTUAL"

REUNIÓNS PRESENTACIÓN DO CURSO ESCOLAR 2017-18

17 de septiembre de 2017   //   por Sonia Loira Torres   //   SECRETARÍA VIRTUAL, Uncategorized, Actualidade, Actualidade, Destacados  //  Non hai comentarios

Datas e hora das diferentes reunións de presentación do Curso Escolar que terán lugar no Salón de Actos do Centro.

– EDUCACIÓN INFANTIL: LUNS 18 ás 16:30h

– EDUCACIÓN PRIMARIA: MARTES 19 ás 16:30 h

– EDUCACIÓN SECUNDARIA: MÉRCORES 20 ás 16:30 h

 

É moi importante a vosa asistencia; ACUDIDE!

Día da Familia

15 de mayo de 2014   //   por admin   //   SECRETARÍA VIRTUAL, Actualidade, Actualidade  //  Non hai comentarios

Co lema “Regalamos sonrisas” hoxe celebramos o día da familia no colexio. Convidamos a nais e pais a participar nun obradoiro de canapés que fixemos todos xuntos, e logo puidemos degustar. Foi unha actividade xenial!

Moitísimas grazas pola vosa colaboración!!!

Tedes as fotos no noso facebook e no blog de Ed. Infantil!!!

DSC_0276 DSC_0281 DSC_0282

Día Internacional da Muller

6 de marzo de 2014   //   por admin   //   SECRETARÍA VIRTUAL, Actualidade, Actualidade  //  Non hai comentarios

No VIII Concurso de ilustración e viñeta “A igualdade no traballo” convocado polo Concello de Bueu, resultaron premiados os seguintes traballos:

– 1º PREMIO ESO : Jimena Villanueva (4º ESO)

– 1º PREMIO EP: Elena Enríquez (6º EP)

– Mención Especial: Laura Martínez (6º EP)

– Mención Especial: Andrea Cerviño (4º ESO)

– Mención Especial: Belén Freire (4º ESO)

Noraboa a todas!!!

O venres 7 de marzo ás 12.00 hs, celebrarase no Salón de Plenos do Concello o acto de conmemoración deste día e a entrega de premios do concurso.

 

 

ENTROIDO

28 de febrero de 2014   //   por admin   //   SECRETARÍA VIRTUAL, Actualidade, Actualidade  //  Non hai comentarios

O hoxe celebramos o ENTROIDO 2014, xa podedes ver tódalas fotos no noso facebook.

https://www.facebook.com/pages/Virxe-Milagrosa/118762518252130

DSC_1074

 

ENTROIDO 2014

27 de febrero de 2014   //   por admin   //   SECRETARÍA VIRTUAL, Actualidade, Actualidade  //  Non hai comentarios

O vindeiro VENRES 28 de FEBREIRO de 2014 celebraremos o ENTROIDO. Se o tempo o permite faremos un pasarrúas pola vila, que organizaremos do seguinte xeito:

SAÍDA DO COLEXIO —  10:40 hs

PERCORRIDO  —  Colexio – Pazos Fontenla – Eduardo Vicenti  – Montero Ríos – Rosalía de Castro –Colexio.

 

Despois, xa no cole, os alumnos e alumnas participaremos nunha degustación de doces típicos destas datas. A ANPA do Centro colabora en todas as actividades que realizamos este día.

LEMBRÁMOSVOS QUE:

** O horario deste día será o habitual 

** Os días 3, 4 e 5 de marzo (luns, martes e mércores) NON HABERÁ CLASE 

** O alumnado da ESO que acuda ao centro sen disfrazar, será atendido polo profesorado, que desenvolverá actividades didácticas con eles ata as 13.00hs. A partir desta hora poderán participar entroido

** EN CASO DE CHUVIA :  No caso de que a choiva impida a saída do pasarrúas, faremos un desfile no Centro.  Ás 11:30 hs abriranse as portas para que pasedes ao patio traseiro e vos acomodedes nas gradas, dende as que poderedes ver o desfile.  Ao rematar todos os alumnos e alumnas quedarán nas súas clases onde continuarán coa festa.

Plataforma esemtia

23 de febrero de 2014   //   por admin   //   SECRETARÍA VIRTUAL, Actualidade, Actualidade  //  Non hai comentarios

O mércores 26 de febreiro faremos a presentación da PLATAFORMA ESEMTIA para as familias da ESO.

O horario será o seguinte:

1º e 2º ESO — 16:30hs

3º e 4º ESO — 17:30 hs

 

 

Obradoiro con María Menéndez Ponte

23 de febrero de 2014   //   por admin   //   SECRETARÍA VIRTUAL, Actualidade, Actualidade  //  Non hai comentarios

O venres 21 de febreiro visitou o noso cole a escritora María Menéndez Ponte, e fixo un obradoiro sobre a súa obra “Nunca seré tu héroe” IMG-20140223-WA0000cos alumnos e alumnas de 3º e 4º ESO.

Te puede pasar

18 de febrero de 2014   //   por admin   //   SECRETARÍA VIRTUAL, Actualidade, Actualidade  //  Non hai comentarios

O luns 17 de febreiro visitou o noso centro Alfredo, un membro da Asociación AESLEME. Na súa intervención presentounos a asociación, que traballa para a prevención das lesións medulares e que através da campaña TE PUEDE PASAR intenta dar a coñecer entre os  mozos e mozas os factores de risco que ocasionan este tipo de lesións, cómo previlas e as secuelas que teñen as persoas afectadas.

http://www.aesleme.es/

DSC_0840

Día do Bocata

17 de febrero de 2014   //   por admin   //   SECRETARÍA VIRTUAL, Actualidade, Actualidade  //  Non hai comentarios

Hoxe celebramos o día da Campaña contra a fame no mundo, comendo no cole un bocata a un prezo único de 3€. A recadación desta actividade destinarase integramente a Mans Unidas.

Aínda que choveu, fixemos esta actividade nas clases e pasámolo xenial!

DSC_0902

VER BEN PARA APRENDER MELLOR

11 de febrero de 2014   //   por admin   //   SECRETARÍA VIRTUAL, Actualidade, Actualidade  //  Non hai comentarios

Estimados pais e nais de alumnos:

Comunicámoslles que este mércores, baixo o lema VER BEN PARA APRENDER MELLOR, terán lugar no noso centro unhas xornadas de información sobre a visión e a súa implicación no aprendizaxe de nenos e mozos.              

É unha campaña que se realiza dende a área de Optometría da Universidade de Santiago de Compostela. Con ela preténdese coñecer o estado da saúde visual do alumnado galego, así como axudar na prevención de problemas visuais mediante unha detección precoz.

O día mércores, 12 de febreiro ás 16.30hs terá lugar no salón de actos do colexio unha breve presentación dirixida a todos os pais e nais nas que se resolveran dúbidas sobre a  visión dos rapaces e a importancia que unha boa visión ten no seu rendemento escolar, así como claves para “alertar” dun posible problema.

1.                   ¿Se o meu fillo pasa moito tempo diante do ordenador e con videoxogos vai ter miopía?

2.                   ¿Pode un neno ou adolescente non queixarse pero ter un problema visual?

3.                   ¿O baixo interese do meu fillo polos estudos pode estar relacionado con algún problema da vista?

Estas e outras preguntas responderanse durante a presentación.

O obxectivo principal da campaña é realizarlle un breve exame visual a alumnado de idades comprendidas entre 8 e 16 anos, co que se pretende detectar posibles anomalías e informarlles delas aos pais.

Aqueles pais interesados en que se lle realice este control visual ao seu fillo, deberán asinar o consentimento informado que se remitirá ao alumnado, así como o cuestionario. Non se lle realizará o exame visual a aqueles alumnos e alumnas que non entreguen o consentimento asinado e o cuestionario (data límite: o mesmo día da revisión).

Para calquera consulta non dubiden en contactar co centro (986 32 01 43) ou cos organizadores (627741115).

Páginas:123»

SECRETARÍA VIRTUAL Categorias

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies